Masa celular interna

Blastocisto co trofoblasto e a masa celular interna ou embrioblasto (chamada na terminoloxía en latín embryoblastus; massa cellularis interna; pluriblastus senior) no 6º día de desenvolvemento embrionario.

.

A masa celular interna[1][2] (MCI) do blastocisto,[3] tamén chamada embrioblasto (coñecido como pluriblasto en marsupiais) é unha estrutura que aparece nas etapas iniciais do desenvolvemento do embrión. É a masa de células que está dentro do blastocisto que dará lugar ás estruturas defintivas do feto. A masa celular interna fórmase nas etapas temperáns do desenvolvemento embrionario, previas á implantación no endometrio do útero.[4] A masa celular interna está totalmente rodeada por unha soa capa de células trofoblásticas, que constitúen o trofoectoderma. Posteriormente, no oitavo día de desenvolvemento, a masa celular interna ou embrioblasto diferénciase en dúas capas: epiblasto e hipoblasto.

  1. Fundational Model of Anatomy Inner cell mass = early embryoblast
  2. Terminologia Embryologica Inner cell mass E6.0.1.1.2.0.4
  3. MeSH Blastocyst Inner Cell Mass
  4. Gilbert, Scott F. (2000). "Early Mammalian Development". Developmental Biology. 6ª edición (en inglés). Consultado o 13 de maio de 2022. 

Developed by StudentB